
O pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade a cesión ao Concello de Pantón dunha parcela de 21.000 metros cadrados situada na contorna do pantalán de Maiorga. O acordo permitirá mellorar o acceso á instalación e impulsará futuras actuacións vinculadas ao proxecto que o municipio tramita coa colaboración da Confederación Hidrográfica.
A medida saíu adiante co apoio de todos os grupos da corporación provincial e responde a unha solicitude formulada polo goberno local. A cesión pretende facilitar a posta en valor desta área situada ás beiras do río Miño e reforzar os seus usos públicos.•




