A Pobra do Brollón mantén as mobilizacións para reclamar máis persoal médico

As concentracións desenvólveranse o día 11 de cada mes diante do centro de saúde da localidade

A veciñanza convoca concentracións mensuais diante do centro de saúde. Foto GPVB.

A veciñanza da Pobra do Brollón continúa impulsando unha campaña de mobilización para reclamar unha mellora da atención sanitaria no municipio. A iniciativa céntrase na demanda dunha cobertura médica suficiente e estable, unha preocupación que os convocantes consideran prioritaria para garantir a correcta prestación dos servizos de saúde á poboación.
As concentracións desenvólvense o día 11 de cada mes diante do centro de saúde da localidade e reúnense baixo o lema “A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!”. A proposta busca trasladar ás administracións competentes o malestar existente entre a cidadanía pola situación actual da asistencia médica.
Xunto ás protestas, os promotores puxeron en marcha unha recollida de sinaturas destinada a reforzar esta reivindicación. O obxectivo é reunir apoios veciñais para formalizar a petición de solucións que permitan garantir unha atención sanitaria adecuada e continuada.
Os organizadores subliñan a importancia de manter visible esta demanda e consideran que a participación cidadá resulta fundamental para defender un servizo público que cualifican de esencial para o presente e o futuro do concello. A convocatoria periódica pretende trasladar a necesidade de adoptar medidas que respondan ás necesidades asistenciais da poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O concello impulsa unha escola de voleibol en colaboración co Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O PP reclama reforzos da Garda Civil para atender as necesidades da comarca de Sarria

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss