Chantada inicia a rehabilitación da antiga Academia para convertela na nova Casa Consistorial

O proxecto permitirá ampliar os servizos municipais e dotar de maior accesibilidade ás instalacións públicas. Foto GPCCH.

Chantada deu comezo ao proceso para converter o edificio da antiga Academia, situado na Praza de España, na futura Casa Consistorial. A actuación permitirá reorganizar as dependencias municipais e trasladar novos servizos administrativos a un inmoble situado no casco histórico.
O proxecto conta cun investimento superior aos 1,2 millóns de euros e cun prazo de execución de doce meses. A intervención conservará as fachadas do edificio e renovará completamente os espazos interiores para habilitar oficinas e o novo salón de plenos.
As obras tamén suporán restricións temporais de acceso e estacionamento na contorna da Praza de España mentres se desenvolvan os traballos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Vinte persoas fórmanse no obradoiro dual de emprego Serra do Faro X

Seguinte Nova

O Quimedo esgota as inscricións anticipadas para a súa Festa do Terror

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss