Guido Guía levará ás redes sociais os principais atractivos turísticos da provincia

Guido Álvarez Parga participará na nova campaña da Deputación de Lugo para divulgar nas redes sociais e os itinerarios do programa Coñece a túa provincia. Foto GPDL.

A Deputación de Lugo impulsará unha nova campaña de promoción turística da man do divulgador Guido Álvarez Parga, coñecido como Guido Guía, coa finalidade de dar visibilidade nas redes sociais ao programa Coñece a túa provincia. A iniciativa combinará vídeos e contidos dixitais centrados nos atractivos naturais, culturais, patrimoniais e gastronómicos repartidos polos 67 municipios lucenses.
A acción incluirá percorridos por enclaves destacados da Mariña, a Montaña, a Terra Chá e a Ribeira Sacra, ademais de espazos como mosteiros, castelos, museos, adegas e áreas naturais. Os audiovisuais tamén recollerán experiencias vinculadas ao turismo fluvial, á artesanía e aos oficios tradicionais.
O proxecto incorporará entrevistas breves a persoas relacionadas co territorio, entre elas guías, divulgadores e veciños coñecedores da realidade local. Os contidos difundiranse tanto nos perfís institucionais da Deputación como nas canles propias do creador de contidos.
O programa turístico provincial conta actualmente con 51 itinerarios, incluídas varias rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida. Desde a súa creación en 2021 participaron máis de 20.000 persoas. A iniciativa xerou un retorno económico superior ao millón de euros para o sector turístico lucense.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Daviña Rey impulsa actividades sobre seguridade viaria e mobilidade europea

Seguinte Nova

Os Trens Turísticos de Galicia pechan a campaña cunha elevada demanda das rutas da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss