Monforte camiñou en silencio pola paz

Unha marcha entre a Compañía e San Vicente convidou á reflexión sobre os conflitos bélicos

A iniciativa incluíu música, un manifesto e mensaxes dos participantes para conservar durante un ano. Foto MONTERO.

Monforte de Lemos acolleu o pasado sábado 10 de outubro unha marcha silenciosa pola paz entre a explanada da Compañía e a praza Luis de Góngora, en San Vicente do Pino. A iniciativa, baixo o lema «Do silencio á acción», propuña camiñar en fila india para facilitar a reflexión individual e compartida sobre os conflitos bélicos e a responsabilidade colectiva.
Antes da saída, a organización preparara unhas tarxetas con tres propostas de reflexión. Ao rematar, os asistentes podían anotar nelas os seus desexos de paz e depositalas voluntariamente nunha caixa, que se conservará durante un ano, ata a celebración da seguinte edición.
A actividade incluía na chegada a San Vicente unha actuación de Waby Eliott e compañía, con composicións creadas para a ocasión, e a lectura dun manifesto pola paz. Os promotores desta marcha presentaron a convocatoria como unha proposta allea a intereses partidistas, centrada na convivencia e no valor de camiñar por espazos históricos e representativos da cidade. Tamén pediron manter os teléfonos en silencio durante a marcha.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Veciñanza Fronte o Odio inicia a súa actividade en Monforte cunha palestra

Seguinte Nova

O Cineclube do Ateneo inicia a súa segunda tempada cun documental sobre banca ética

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss