
Os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel desenvolveron unha actividade de dinamización lingüística centrada no brindo, unha modalidade tradicional de improvisación oral en verso propia das montañas orientais lucenses. A proposta incluíu obradoiros dirixidos ao alumnado de Primaria dos centros educativos dos tres municipios e unha demostración aberta ao público celebrada en San Clodio.
As sesións estiveron impartidas por especialistas en improvisación oral e combináronse cunha actuación protagonizada por regueifeiros e brindeiros, co obxectivo de contribuír á recuperación, difusión e promoción desta tradición e do uso oral do galego.•




