O PP reclama reforzos da Garda Civil para atender as necesidades da comarca de Sarria

(Foto GPPP).

O PP da provincia de Lugo reclamou ao Ministerio do Interior que cubra as prazas sen ocupar da Garda Civil en Sarria e nos postos da súa contorna. Os senadores José Manuel Balseiro e Juan Serrano anunciaron iniciativas parlamentarias para reclamar máis axentes e cubrir vacantes.
Segundo os datos difundidos polos populares, o cuartel sarriao ten asignados 21 axentes, pero cinco postos están vacantes, dous gardas permanecen de baixa prolongada e outros cinco prestan servizo noutros destinos. Desta maneira, sosteñen que só nove efectivos atenden habitualmente as necesidades da zona.
Balseiro sinalou que esta situación afecta a municipios rurais e a localidades atravesadas polo Camiño Francés, con afluencia estacional de peregrinos. O PP cifra en 167 as vacantes existentes no conxunto da provincia, sobre un catálogo de 1.092 prazas.
A portavoz popular de Sarria, Carmen José López, reiterou a proposta de crear un posto principal na vila, aínda que priorizou cubrir as vacantes. A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e o portavoz do PP de Samos, Miguel Gallego, sumáronse á petición de máis persoal para a comarca e os peregrinos do Camiño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón mantén as mobilizacións para reclamar máis persoal médico

Seguinte Nova

As alumnas pon o broche final á Mostra de Teatro Iván Tourón Morais de Sarria

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss