Un bono de ata 200 euros busca atraer profesionais e favorecer a remuda empresarial na Ribeira Sacra

A Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra e a empresa galega Aldealista puxeron en marcha o 12 de outubro o Bono de Impacto Ribeira Sacra, para atraer profesionais e favorecer a remuda nos negocios da comarca.
A iniciativa ofrece ata 200 euros para cubrir gastos de viaxe, aloxamento e manutención das persoas preseleccionadas para entrevistas presenciais en empresas da comarca. Con esta achega preténdese reducir o custo que supón desprazarse ao territorio para coñecer unha oportunidade laboral antes dun posible traslado ao medio rural.
Aldealista asumirá a xestión mediante «A Chave Aldealista», unha ferramenta vinculada ao seu programa de Transición Rural. A través dela buscarase conectar persoas interesadas en vivir e traballar no rural con empresas que necesitan incorporar persoal ou atopar quen continúe á fronte da súa actividade.
A proposta inclúe, deste xeito, tanto ofertas de emprego como posibilidades de emprendemento ou sucesión empresarial. Os seus impulsores queren responder á falta de profesionais en determinados negocios e ás dificultades para asegurar a continuidade de establecementos locais.
Juan Carlos Pérez, impulsor de Aldealista, sinala que existen empresas con vacantes, negocios sen sucesores e persoas que desexan trasladarse ao rural pero descoñecen as oportunidades dispoñibles. A colaboración coa asociación empresarial pretende facilitar o contacto entre estes perfís e favorecer proxectos de vida e traballo na Ribeira Sacra, un territorio que aspira a ser recoñecido pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Saviñao e Folgoso do Courel contarán con novas residencias de maiores da Xunta

Seguinte Nova

Galletas Xianas recupera a tradición da Ribeira Sacra coas Papeiras

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss