Veciñanza Fronte o Odio inicia a súa actividade en Monforte cunha palestra

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio, constituído por persoas da comarca de Lemos, convocou para o pasado xoves unha palestra no Centro Cívico de Monforte. O encontro, contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria, para abordar a propagación dos discursos de odio e as formas de recoñecelos.
A actividade centrouse no tratamento legal destas mensaxes, nos mecanismos que facilitan a súa normalización e nas consecuencias da discriminación. A convocatoria tamén buscaba ofrecer pautas para analizar criticamente os contidos racistas, xenófobos, machistas ou homófobos que circulan por diferentes espazos públicos e dixitais.
A agrupación nace coa intención de reunir veciños de sensibilidades diversas arredor da defensa dos dereitos humanos, a igualdade e a solidariedade, sen vincularse a unha ideoloxía política concreta. Entre as súas previsións figuran iniciativas culturais, educativas e de sensibilización abertas á comarca.
Os seus promotores animan a toda a cidadanía a participar, achegar propostas e colaborar na organización de futuras actividades. A palestra foi presentada como o primeiro paso para dar a coñecer este novo espazo veciñal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A loita contra a soidade continúa ao outro lado do teléfono

Seguinte Nova

Monforte camiñou en silencio pola paz

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss