O BNG chama a participar na folga xeral do 11 de novembro e presenta o seu candidato á Alcaldía de Monforte

A portavoz nacionalista participou no acto de presentación da candidatura para as municipais de 2027. Foto EC.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou Monforte para participar na presentación de Emilio Sánchez como candidato nacionalista á Alcaldía nas eleccións municipais de maio de 2027. No acto, defendeu a necesidade de impulsar unha nova etapa política na cidade e destacou a experiencia do cabeza de lista para impulsar a súa proposta.
Pontón situou entre os obxectivos do Bloque a sanidade, os coidados e a actividade local. Tamén falou da adaptación ao cambio climático e da mellora da calidade de vida. Pola súa banda, Sánchez reclamou avances na aprobación do plan urbanístico, no saneamento e na recuperación do río para usos públicos. O candidato incluíu entre as súas prioridades a mobilidade ferroviaria e a creación de espazos verdes.
Por outra parte, o BNG expresou o seu apoio á folga xeral convocada para o 11 de novembro. No pleno da Deputación de Lugo celebrado o martes aprobouse unha moción nacionalista favorable á mobilización. O deputado Efrén Castro vinculou a convocatoria ao encarecemento dos produtos básicos e ás dificultades para acceder á vivenda. A formación pediu medidas públicas ante esta situación, especialmente en materia social e de vivenda.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte destina 30.000 euros a subvencionar a creación de novas empresas

Seguinte Nova

O Camiño de Inverno impulsa a chegada de peregrinos e visitantes a Chantada

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss