Teatro, cine, formación e tradicións populares conforman unha axenda que se estenderá ata decembro

O Concello de Pantón deseñou unha programación cultural para os próximos meses que combina actividades formativas, propostas escénicas e festexos tradicionais. O calendario inclúe obradoiros de costura, salsa e estimulación intelectual, así como encontros desenvolvidos na biblioteca municipal. O teatro ocupará varias xornadas entre finais de outubro e mediados de novembro, antes de dar paso a proxeccións cinematográficas e ao Festival de Curtas Solaneras. A oferta completarase coa celebración do Samaín e do Magosto Popular.•



