
O Concello de Chantada avanza na mellora das súas infraestruturas de tratamento de residuos mediante a ampliación do punto limpo municipal e a incorporación dun vehículo destinado á recollida separada de biorresiduos. Ambas actuacións contan co apoio económico da Xunta.
O proxecto permitirá aumentar a superficie das instalacións e mellorar os espazos destinados á recepción e almacenamento temporal de residuos domésticos. As obras contemplan ademais a construción de novos peches, soleiras e unha caseta de control.
A iniciativa complétase con medidas orientadas a impulsar a recollida diferenciada de residuos téxtiles, para incrementar a eficiencia do sistema municipal.•



