A piscina climatizada de Chantada incorpora melloras para facilitar o acceso a persoas de mobilidade reducida

As intervencións inclúen novos elementos de accesibilidade e a renovación de espazos interiores. Foto GPCCH.

O Concello de Chantada completou unha serie de actuacións na piscina climatizada municipal coincidindo co inicio da tempada de inverno. As intervencións permitiron renovar o aspecto interior das instalacións e incorporar unha cadeira mecanizada destinada a facilitar a entrada ao vaso das persoas con problemas de mobilidade.
Os traballos incluíron tamén o repintado de distintos elementos do recinto, tras un proceso previo de acondicionamento das superficies. Estas melloras súmanse ás actuacións realizadas nos accesos da contorna, onde a remodelación da rúa Serra do Faro contribuíu a incrementar a seguridade peonil e a oferta de aparcamento nas proximidades do complexo deportivo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribas de Sil anuncia a programación cultural de outono con teatro e novas iniciativas lectoras

Seguinte Nova

A ampliación do punto limpo avanza co apoio da Xunta e do Concello

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss