Dezaseis participantes completan un curso de lingua e cultura galegas

(Foto GPPCH).

A Casa da Cultura de Chantada acolleu nas últimas semanas un curso básico de lingua e cultura galegas promovido pola Secretaría Xeral da Lingua en colaboración co Concello. A iniciativa completou as vinte prazas previstas e finalizou con dezaseis participantes, tras a incorporación laboral dalgúns asistentes. O programa incluíu contidos de expresión oral, comprensión escrita, vocabulario cotián e aspectos culturais. Os alumnos recibiron os diplomas acreditativos correspondentes e trasladaron o seu interese por ampliar os coñecementos sobre o idioma galego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ampliación do punto limpo avanza co apoio da Xunta e do Concello

Seguinte Nova

Raquel Arias regresou ao IES Río Cabe para compartir a súa traxectoria co alumnado

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss