A iniciativa busca favorecer o envellecemento activo mediante actividades centradas na aprendizaxe, o exercicio cognitivo e a socialización

O Concello da Pobra do Brollón e a asociación Afamon iniciaron un programa de estimulación da memoria orientado a persoas maiores de 50 anos. As sesións teñen lugar na Casa da Cultura Olga Novo os martes pola tarde e prolongaranse ata o 25 de maio de 2027. A iniciativa busca favorecer o envellecemento activo mediante actividades centradas na aprendizaxe, o exercicio cognitivo e a socialización. O curso ten unha cota mensual de 15 euros, mentres que as sesións correspondentes ao mes de outubro son gratuítas. O prazo de inscrición continúa aberto para novas incorporacións.•



