
A Biblioteca do Centro Social de Quiroga acolleu o pasado 28 de outubro unha nova sesión do espazo Faladoiro, promovido pola Concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller. O encontro contou coa participación da educadora social Paula Santos, especializada en terapia familiar sistémica e con experiencia no acompañamento a familias e grupos. A actividade centrouse na análise das perdas significativas que poden producirse ao longo da vida, como cambios laborais, migracións, problemas de saúde ou rupturas persoais. A iniciativa desenvolveuse cun formato aberto á participación, favorecendo o intercambio de experiencias e reflexións entre as persoas asistentes.•



