O PP reclama apoio económico da Deputación para o Entroido de Salcedo

O Entroido de Salcedo reúne cada ano tradicións de grande arraigamento, entre elas a saída do Oso de Salcedo, acompañado polos seus criados

Os deputados populares defenderán no pleno unha proposta para preservar esta celebración da Pobra do Brollón. Foto GPPP.

O Grupo Provincial do PP levará ao próximo pleno da Deputación de Lugo unha proposta para solicitar apoio institucional ao Entroido de Salcedo, unha das celebracións tradicionais máis coñecidas da Pobra do Brollón. O anuncio produciuse tras unha reunión mantida polos deputados Antonio Ameijide e Luis Fernández Guitián co portavoz popular no municipio, Teddy López.
Segundo explicaron os representantes populares, o obxectivo da iniciativa é que o goberno provincial estude a concesión dunha axuda extraordinaria destinada a contribuír á organización desta festa. O PP sostén que a celebración ten unha destacada relevancia cultural e turística e lembra que a propia Deputación recolle a súa singularidade nos espazos de promoción do territorio.
O Entroido de Salcedo reúne cada ano tradicións de grande arraigamento, entre elas a saída do Oso de Salcedo, acompañado polos seus criados, así como outras expresións festivas vinculadas á identidade local, como as Madamas e Danzantes e os Disfraces de Campo. O programa complétase con actividades culturais promovidas pola Asociación Veciñal de Salcedo.
A proposta popular tamén defende a necesidade de reforzar o apoio a outras celebracións singulares da provincia co fin de favorecer a conservación das tradicións locais e do patrimonio cultural inmaterial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A sarriá Yolanda Díaz recibe o premio Mestra da Memoria pola súa defensa da cultura galega en Uruguai

Seguinte Nova

O concello pon en marcha un novo obradoiro de memoria para maiores de 50 anos

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss