O PSdeG confirma as listas por Lugo entre discrepancias pola exclusión de López Orozco

O PSdeG concorrerá ás eleccións xerais do 29 de novembro con Patricia Otero como primeira candidata ao Congreso pola provincia de Lugo e César Mogo á fronte da candidatura ao Senado. As listas xa foron presentadas ante a Xunta Electoral de Lugo o día 26.
Na lista ao Congreso figuran, por esta orde, Patricia Otero, Jorge Bustos, Eva Blanco e Ismael Carcedo. Otero foi deputada tras a marcha de Besteiro ao Parlamento galego. Para o Senado, Mogo concorre na candidatura Senado de Progreso xunto con Paula González, de Frente Amplio, e Roberto Castro, alcalde de Ribas de Sil.
As listas provocaron desacordos sobre José López Orozco. O exalcalde de Lugo pretendía optar ao Senado e contaba co apoio de agrupacións da provincia, pero finalmente non foi incluído. Orozco cuestionou os datos utilizados para valorar os apoios e pediu revisar o reconto das votacións locais.
A dirección provincial sostivo que César Mogo obtivera maior respaldo no conxunto da militancia. Segundo o partido, Mogo reuniu apoios que representaban 1.382 afiliados, fronte aos 989 de Orozco. O sector crítico discrepou destas cifras e defendeu que o exrexedor vencera en máis agrupacións.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, explicou que se lle ofrecera a Orozco o segundo posto da lista ao Congreso, opción que este rexeitou porque prefería concorrer á Cámara Alta. O Comité Federal dos socialistas ratificou as listas sen o exalcalde de Lugo. A proposta provincial fora aprobada o 14 de outubro e recibiu o aval definitivo da dirección socialista o día 17.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rematan as obras de mellora de sete quilómetros da estrada entre Sober e Doade

Seguinte Nova

O monfortino Francisco Conde encabezará a lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss