Na xornada, participaron Antonio M. Fraga, Estefanía Padullés, Biophilia e Anxo Moure

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao acolleu o pasado 23 de outubro unha xornada especial con motivo do Día das Bibliotecas, cun programa que se prolongou desde o mediodía ata a noite. A iniciativa combinou obradoiros, actividades literarias, xogos, propostas musicais e accións de educación ambiental dirixidas a diferentes franxas de idade. Na programación participaron profesionais da narración e da dinamización cultural como Antonio M. Fraga, Estefanía Padullés, Biophilia e Anxo Moure. O evento incluíu ademais merenda, cea e actividades colaborativas, apoiad polo programa de lectura Ler Conta Moito.•




