Os tradicionais santitos protagonizan un obradoiro de repostería en Sarria

(Foto GPCS).

A panadería Pallares de Sarria acolleu a primeira sesión de Receitas da memoria, un obradoiro dedicado á recuperación da repostería tradicional. A actividade, incluída no programa Sarria Acendida, reuniu oito participantes, coa inscrición completa en poucos minutos.
Antía Fernández, quinta xeración do establecemento, dirixiu a elaboración de torta de améndoas e santitos coa colaboración de Alejandro García. Estes doces con forma humana están ligados á celebración de Todos os Santos e preparábanse tradicionalmente nesta época do ano. Durante a sesión, as asistentes tamén puideron decoralos con chocolate e visitar o museo da panadería.
A iniciativa, promovida polo Concello de Sarria e financiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, busca compartir receitas e coñecementos asociados á memoria gastronómica local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria estreou un novo tramo no Rally San Froilán, marcado por un accidente

Seguinte Nova

A sarriá Yolanda Díaz recibe o premio Mestra da Memoria pola súa defensa da cultura galega en Uruguai

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss