
Pepe Cunha, comisario de Galegoza, visitou o IES A Pinguela de Monforte para explicar ao alumnado esta exposición sobre a música en galego.
A mostra, impulsada pola Deputación de Lugo, percorre a súa evolución desde os anos sesenta ata hoxe. Os paneis recollen artistas de estilos como o rock, o pop, o rap ou a música tradicional e incorporan códigos QR para escoitar cancións.•



