Raquel Arias regresou ao IES Río Cabe para compartir a súa traxectoria co alumnado

A antiga estudante do centro repasou os seus anos de formación e o seu paso do xornalismo á política

O encontro cos estudantes de Bacharelato abordou a igualdade, a participación cidadá e o diálogo. Foto GPIESRC.

A política e xornalista Raquel Arias regresou este luns ao IES Río Cabe de Monforte para conversar co alumnado de primeiro de Bacharelato. O encontro celebrouse no salón de actos do instituto.
Arias lembrou a súa infancia en Proendos, no municipio de Sober, e compartiu recordos da etapa escolar. Tamén explicou por que escolleu estudar Xornalismo, como desenvolveu a súa carreira nos medios e de que maneira acabou incorporándose á actividade política, da que abordou as responsabilidades.
Houbo preguntas sobre cuestións de actualidade. A igualdade, a participación cidadá e o diálogo estiveron entre os temas tratados. O centro agradeceu a visita da antiga alumna, que salientou o valor de escoitar outras opinións e de manter o respecto nas discrepancias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Dezaseis participantes completan un curso de lingua e cultura galegas

Seguinte Nova

Pepe Cunha achegou a historia da música galega ao IES A Pinguela

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss