
Ribas de Sil puxo en marcha unha programación cultural para outono na que o teatro mantén un papel destacado con nove representacións previstas, entre elas dúas destinadas ao público infantil. O calendario inclúe tamén presentacións literarias, encontros veciñais e actividades vinculadas á lectura. Entre as principais novidades figura a creación dun club de lectura na antiga Escola de Torbeo, que celebrará sesións periódicas ao longo do curso. Este espazo acollerá varias actividades, na aposta por estender a oferta máis aló de San Clodio e incorporar nova vida cultural ao concello.•



