Ribeira Sacra leva a súa nova identidade de marca a tres accións promocionais en Europa

As iniciativas incluíron eventos abertos a distintos públicos, nos que se mostraron un total de 65 referencias elaboradas por adegas inscritas

A denominación presentou o lema “Natureza Heroica” e exhibiu 65 referencias de viño en mercados estratéxicos. Foto GPADB.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra traballou durante o mes de outubro na súa estratexia de promoción exterior coa participación en varias accións desenvolvidas en Bilbao, os Países Baixos e Lugo. A campaña serviu para dar a coñecer a nova identidade visual da entidade, articulada arredor do lema Natureza Heroica, ao tempo que permitiu exhibir unha ampla representación das adegas amparadas pola denominación.
As iniciativas incluíron encontros profesionais do sector vitivinícola e eventos abertos a distintos públicos, nos que se mostraron un total de 65 referencias elaboradas por adegas inscritas. A programación permitiu presentar viños de diferentes anadas e variedades, reforzando a presenza da marca tanto no mercado estatal como en escenarios internacionais.
Un dos eixes centrais da acción promocional foi a presentación da nova imaxe corporativa, deseñada para transmitir a vinculación entre o territorio, a paisaxe e o traballo desenvolvido pola viticultura da Ribeira Sacra. A proposta visual pretende reforzar a identificación da marca cun modelo produtivo estreitamente ligado ás características singulares da contorna.
Ademais da divulgación dos viños, os encontros serviron para proxectar a identidade do territorio e abrir novas oportunidades de visibilidade para as adegas participantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os escolares dos Escolapios coñeceron o funcionamento do Concello de Monforte

Seguinte Nova

Quince especialistas afondaron no coñecemento dos viños galegos no Galicia Wine Educator

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss