Sober renova a Bandeira Verde de Galicia polo seu compromiso ambiental

O encargado de recibila foi o concelleiro delegado da Alcaldía, Iván Armesto, nun acto celebrado en Vedra (A Coruña). Foto GPCS.

O Concello de Sober volve formar parte da relación de municipios distinguidos coa Bandeira Verde de Galicia, un galardón promovido pola Xunta para destacar actuacións vinculadas á protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e a xestión ambiental. A edición de 2026 acadou unha cifra récord de 39 concellos recoñecidos, seis máis que no exercicio anterior. A distinción valora iniciativas locais orientadas á ordenación do territorio, a eficiencia enerxética, a correcta xestión dos residuos e a sensibilización cidadá en materia ambiental. A entrega dos galardóns tivo lugar o pasado 21 de outubro nun acto celebrado en Vedra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Saviñao celebrou o Día das Bibliotecas

Seguinte Nova

Hava Dúo inaugurou en Sober unha nova edición de Música no Outono

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss