Miguel Arias terceiro e Manuel Luaces quinto no Galego de Squash de Veteráns

Foto ML

Os monfortinos Miguel Arias e Manuel Luaces, ambos antigos integrantes do Club Artai, remataron terceiro e quinto, respectivamente, no Campionato Galego de Squash de Veteráns. A competición nas pistas do Squash Club Santiago, coa participación de preto de medio cento de deportistas.
Os dous representantes locais coincidiron nos cuartos de final da categoría masculina de maiores de 30 anos. Arias impúxose por tres xogos a cero ao seu antigo compañeiro de club e continuou na disputa polos postos de honra. O título foi para o pontevedrés Damián Arosa, mentres que Juan Carlos Simal ocupou a segunda posición. Arias completou o podio e Luaces concluíu quinto.
A organización agrupou nun mesmo cadro os participantes de máis de 30 e de máis de 40 anos, ao non poder celebrar ambas as categorías por separado. Esta decisión obrigou os monfortinos, que pertencen ao segundo grupo de idade, a medirse tamén con rivais máis novos. Luaces considera que, cunha clasificación específica para maiores de 40, ambos poderían ter aspirado aos dous primeiros postos.
O xogador valorou o rendemento técnico e táctico dos dous representantes, pero sinalou que a falta de adestramento continuado acaba por notarse no apartado físico. A ausencia de pistas de squash en Monforte dificulta, segundo explicou, a práctica habitual dunha modalidade que tivo no Club Artai un dos seus referentes locais.
O campionato tamén proclamou campión de maiores de 50 anos a Jesús Souto, por diante de Jaime Silva e Jacobo Louzao. Na categoría de máis de 60 venceu José Matos, seguido de Félix Sotelo e Jorge Aboal. Os monfortinos agradeceron a organización do Squash Club Santiago e o traballo de Jesús Souto para reunir xogadores veteranos de diferentes localidades galegas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Lemos rescatou un empate en Marín econtinúa invicto

Seguinte Nova

Monforte acolleu un obradoiro para aprender a detectar noticias falsas

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss