
A Casa da Cultura de Monforte acolleu o 22 de outubro unha sesión para aprender a detectar noticias falsas e contrastar fontes. A xornalista Pilar Rodríguez Losada, con experiencia na TVG, impartiu esta formación aberta ao público. O encontro forma parte dun programa do Colexio de Xornalistas de Galicia, financiado pola Deputación de Lugo, que percorre concellos da provincia.



