Gonzalo L. Torres
Editor de EnComún
Yashmina Shawki achega Oriente Próximo ao IES A Pinguela

A escritora e historiadora Yashmina Shawki visitou o IES A Pinguela para explicar ao alumnado a evolución de Oriente Próximo. Licenciada en Dereito e Historia, é especialista no pobo kurdo. Para min foi especialmente emocionante volver saber dela tras editar a súa primeira novela Kurdos, destino libertad fai máis de 18 anos.
o Saborea e Canta o Outono enche a Praza de Abastos

A Praza de Abastos reuniu o venres 21 a veciños e visitantes na xornada Saborea e Canta o Outono, organizada pola Apehl. Entre tapas de Jardín 34, La Table d’Arnaud e O Toxo, e viños de Soutelo, Galanteiro, Proencia e Val do Frade, non faltaron a música en directo nin actividades para os máis pequenos.
Carlos Villarrubia presenta en Monforte Soportales y corredoiras

A libraría Entre Libros acolleu a presentación de Soportales y corredoiras, o novo título de Carlos Villarrubia. O escritor e creador multidisciplinar ofreceu ao público un percorrido pola arquitectura emocional que inspira a súa obra, nun encontro no que repasou tamén a súa ampla traxectoria literaria, musical e audiovisual.
