EnComún Xove

ALUMNOS DO IES A PINGUELA EN ITALIA

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES A Pinguela regresou xa de Italia logo do intercambio co IIS Biagio Pascal de Novara. Durante a súa estancia, non só coñeceron a cidade de acollida, senón que tamén viaxaron exploraron os lagos alpinos Maggiore e de Orta, así como as capitais de Liguria, Lombardía e Piemonte, Génova, Milán e Turín. Entre as visitas destacan o Museo do Cinema e o Museo Exipcio. O máis destacado, sen dúbida, foi a creación de lazos de amizade cos alumnos novareses, que visitarán Monforte de Lemos no mes de abril. A presto amizi!.
(FOTO IES A PINGUELA)

Alumnos do IES A Pinguela e o IES Río Cabe, viaxaron a Francia, onde puideron ver de primeira man a lúa chea sobre París

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Daviña Rey celebrou o seu acto de graduación

O IES Daviña Rey vén de celebrar a graduación do seu alumnado de 2º de Bacharelato, no seu Salón de Actos, que se encheu de familiares e amigos que quixeron seguir o acto. Moitos estarán pendentes das notas da EBAU que se farán públicas logo da data de peche do periódico.•

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela celebrou o seu acto de graduación

O IES A Pinguela vén de celebrar o acto de graduación do seu alumnado de 2º de Bacharelato, Ciencias e máis Humanidades e Ciencias Sociais, na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos, que se encheu de familiares e amigos que quixeron seguir o acto.•

Profesores e alumnos dos institutos italianos Liceo Artistico «Alpinolo Magnini» de Deruta e Istituto Savatorelli Moneta de Marsciano visitan o IES A Pinguela

Estudantes e profesores italianos. Foto IESAP.

O IES A Pinguela de Monforte vén de recibir aos profesores e alumnos dos institutos italianos Liceo Artistico «Alpinolo Magnini» de Deruta e Istituto Savatorelli Moneta de Marsciano. Xunto con alumnos de primeiro de Bacharelato do IES A Pinguela, están a traballar no proxecto «Didactic use of film in literary, historical and artistic education».

TRABALLO E TURISMO EN TERRAS DE LEMOS
Esta viaxe forma parte do proxecto Erasmus+ CIAK no que tamén participan o IES Axati de Sevilla e o IES Esprominho de Braga- Portugal, cos que os estudantes monfortinos xa coincidiron durante a súa estancia en Italia o pasado mes de febreiro. Durante a súa estancia en Galicia esta semana, os estudantes italianos farán turismo por estas terras de Lemos e cidades de Galicia e traballarán un relato de Roald Dahl na súa lingua orixinal co que gravarán unha curtametraxe por distintos escenarios da nosa cidfade. O traballo técnico de edición e montaxe levarase a cabo no instituto monfortino.
O grupo italiano chegou o sábado pasado e o Domingo visitou o Cebreiro e Lugo. Nesta primeira semana aproveitaron para coñecer os principais puntos de interese de Monforte. Os estudantes italianos permanecerán en Galicia ata o próximo 5 de abril. . •

●●● Alumnado do IES A Pinguela coñeceu en Lugo o mellor graffiti urbano do mundo que representa a Xulio César

AlumOs alumnos de 3º e 4º de ESO do IES A Pinguela que cursan as materias de Cultura Clásica e Latín, e de 1º BAC de Humanidades, desprazáronse ata o Auditorio Municipal Gustavo Freire, para asistir a unha sesión do Festival de Teatro Grecolatino que organiza a Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. A traxedia “Bacantes”, do dramaturgo Eurípides (s. V a.C.), sorprendeu ós estudantes pola espectacularidade da súa posta en escea, a cargo da compañía Noite Bohemia. Previamente, recorreron a cidade de Lugo para coñecer a pegada da Antigüidade na cultura e no urbanismo. A xornada comezou cunha visita guiada ao Centro de Interpretación da Muralla, onde coñeceron os aspectos máis salientables e as curiosidades máis sorprendentes sobre a Muralla Romana, un dos elementos urbanísticos que mellor se conservan da Antiga Roma e que goza da consideración de Patrimonio da Humanidade. A continuación, o grupo percorreu un pequeno treito do adarve da Muralla, para desfrutar do espectacular mural de 20 metros que representa a figura do xeneral romano Xulio César. Esta obra de arte urbano, asinada por Diego As, foi recoñecida como o mellor graffiti do mundo de 2021.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

A %d blogueros les gusta esto: