INICIATIVAS: O novelista Manuel Vilas impartirá un Taller de Verán en xullo

Manuel Vilas, unha das figuras con maior proxección da literatura española do século XXI, foi o elixido pola Plantación para impartir un Taller de Verán do 4 ao 9 de xullo na Casa Grande de Rosende. A actividade levará por título «A Literatura, a Vida, o Amor, o Tempo, a Morte e a Historia».

FINALISTA DO PREMIO PLANETA 2019
Tras exercer a docencia logo de graduarse en Filoloxía Hispánica, o autor viu consolidada a súa carreira literaria, que iniciou en 2008 coa publicación da novela «España», a partir do éxito obtido con «Ordesa» (2018) e de quedar finalista do Premio Planeta 2019 coa súa obra «Alegría».
O taller ten como obxectivo explorar a literatura desde todos os xéneros actuais: o relato, o poema, o artigo, o diario íntimo, a reportaxe, a novela curta, a novela longa, o teatro, o ensaio, etc, coa intención de que o asistente ao taller pescude en que xénero literario se atopa máis cómodo e comece a crear os seus propios textos.
A actividade contará coa participación de Ana Merino, novelista, poeta, dramaturga e teórica española da historieta, pertencente á xeración poética do 2000, e gañadora do Premio Nadal de novela en 2020 pola súa obra «O mapa dos afectos».​
O taller terá lugar desde o domingo 4 de xullo ao venres 9 de xullo, cunha duración de 38 horas. A programación inclúe diversas actividades adicionais, como visionado de películas ou saídas culturais.
As inscricións no taller estarán abertas ata o 18 de xuño. Para máis información, está dispoñible o enderezo electrónico info@laplantacion.info. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

SACRA FESTIVAL E SACRA EXPERIENCE: Unha atractiva oferta multidisciplinar única no corazón da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O BNG pediu á Corporación provincial un “pronunciamento rotundo” contra as peaxes nas autovías estatais

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: