• Redacción- MONFORTE. Sober volveu ser galardoado polo seu impulso á lectura. A Biblioteca Municipal recibiu este mes un dos premios María Moliner de animación á lectura, que conceden o Ministerio de Cultura e a Federación Española de Municipios e Provincias. O galardón foille concedido polo programa “Sober coa lectura”, que ofrece actividades para nenos e adultos.
SUBVENCIÓN DE 2.000 EUROS PARA COMPRAR LIBROS
Ademais da importancia deste recoñecemento ao seu labor de difusión do hábito lector, o premio supón unha subvención en metálico de 2.000 euros para a compra de libros e publicacións periódicas.
Á fronte deste programa de animación á lectura está a bibliotecaria Julia Fernández Garza e a animadora sociocultural Dunia Rodríguez Vázquez.
Dende o Concello de Sober, o alcalde, Luis Fernández Guitián, afirmou que esta distinción “é un recoñecemento ao traballo que se fai, e que non cesou durante a pandemia porque sempre cremos que o apoio á cultura é fundamental tamén en momentos complicados e xa desde as idades máis temperás”. •
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre