245 participantes na IX Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga

Segundos antes da saída, os corredores esperan o sinal nas probas da carreira absoluta. EC.

O domingo 24 de marzo, a IX Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga congregou na capital comarcal a un bo número de participantes nas diferentes categorías. A proba absoluta rexistrou unha excelente participación: 245 corredores tomaron a saída ás 12 da mañá dos 9,4 quilómetros establecidos.

Os participantes na carreira da categoría benxamín esperan o sinal de saída. EC.

Esta proba, puntuable para o II Circuíto Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares, premiou ós 3 primeiros de cada categoría. Aínda que ó peche desta edición se estaba a actualizar a puntuación do Circuíto Ribeira Sacra, na clasificación xeral masculina da carreira de Quiroga foi primeiro Luis Iglesias Raña, (Leiro-Ourense), do Club Atletismo Carballiño; segundo foi Horacio Muñoz Fernández, do Running Sarria; e terceiro foi Higinio Rodríguez Souto, do Atletismo Monte Segade (Lugo). Na categoría xeral feminina, foi primeira Luisa González Somoza, de Bóveda; segunda foi Sonia Vázquez Rodríguez, do MTC y Hermanos Loures (Lugo); e terceira, do mesmo clube, Susana Carreira Iglesias. A próxima cita do II Circuíto Ribeira Sacra será a II Carreira Popular Concello de Ribas do Sil, o 28 de abril.

Na categoría cadete, os participantes toman posición para iniciar a carreira. EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, campión de xadrez do Trofeo Gadis Colegios

Seguinte Nova

O xove Pablo Fernández López, do Círculo Chantadino de Xadrez, proclamouse subcampión de Galicia

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: