Monforte acollerá o Campionato de España Masculino de Pitch & Putt

A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do Campionato de España Masculino de Pitch & Putt 2024, un evento de gran importancia que terá lugar nos días 11 e 12 de maio no campo monfortino.
Esta elección é unha noticia moi positiva para Monforte, pois durante esa semana a cidade recibirá aos 108 xogadores participantes, así como aos seus acompañantes e aos afeccionados que se acheguen para presenciar a competición.
O venres 10 terá lugar a xornada de adestramento oficial. O sábado 11 disputaranse dúas roldas de 18 ocos, mentres que o domingo haberá unha rolda máis que determinará o campión de España deste ano.
A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada Rodríguez, participou na rolda de prensa, celebrada no Parador de Turismo, na que se deron a coñecer os detalles da proba, e destacou que o campionato terá un gran impacto no sector hostaleiro e de restauración, ademais de ofrecer unha oportunidade única para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da zona. Na presentación tamén participaron o presidente do Club Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, e a súa xerente, María Eugenia Graña Rosales. O campo de golf da Sociedade Deportiva Río Cabe, situado en Ribas Altas, Monforte de Lemos, ofrece un percorrido plano e agradable para xogar. Conta con árbores próximas ás rúas dos ocos e lagos estratéxicos para dificultar o xogo, así como bunkers e greens amplos. A súa localización privilexiada nos arredores de Monforte, en relación coa Ribeira Sacra, convérteo nun punto de referencia para actividades deportivas e turísticas, tanto para visitantes como para a poboación local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A SD Sarriana pelexa pola promoción

Seguinte Nova

Renovación dos Votos Coa Virxe de Montserrat: Tradición do Martes de Pascua en Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss