Actividades de ximnasia e taller de memoria en Bóveda

• O Concello de Bóveda inicia este mes o programa «Ponte en marcha», que inclúe actividades de benestar físico que se desenvolverán en varios puntos do municipio.

HORARIOS DO «PONTE EN MARCHA»

No Centro Sociocultural de Bóveda celebraranse as sesións de zumba os martes de 20,30 a 21,30 horas, e as clases de ioga os mércores de 21,00 a 22,00 horas. Asimesmo, as sesións de ximnasia de mantemento celebraranse os mércores en Teilán, de catro a cinco, e en Bóveda, de cinco e media a seis e media. Esta mesma actividade impartirase os venres en Tuimil de catro a cinco, e en Guntín de cinco e media a seis e media. Os prezos de zumba, ioga e ximnasia de mantemento son de 15 euros por persoa e trimestre.

TALLER DE MEMORIA «VIVE ACTIVA-MENTE»

Ademais, este mes en Bóveda iníciase o taller de memoria, dentro do programa «Vive activa-mente». O lugar de realización está pendente de confirmación, así como o horario, dependendo do número de persoas inscritas. A actividade é gratuíta. Os interesados en ter máis información ou en anotarse neste taller poden chamar aos teléfonos 982 426006, 982 426177, ou 618 654078.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tardes de Teatro no Inverno en San Clodio

Seguinte Nova

Exposición de Kukas no Círculo Saviñao dende febreiro

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: