Aberto o prazo de inscrición no programa Actívate 2017 do Concello de Monforte

As actividades do programa Actívate 2017 desenvolveranse no Centro Cívico Social do Malecón e tamén nas 14 parroquias rurais de Monforte que o solicitaron.  Arquivo EC
As actividades do programa Actívate 2017 desenvolveranse no Centro Cívico Social do Malecón e tamén nas 14 parroquias rurais de Monforte que o solicitaron.  Arquivo EC

• Dende o 21 de marzo, o Concello de Monforte ten aberto o prazo de inscrición do programa Actívate 2017. Esta iniciativa inclúe actividades, que se desenvolverán entre abril e xuño, destinadas a favorecer o envellecemento activo, promover o intercambio interxeracional e a participación social dos veciños.
Segundo explicaron dende o Concello, as actividades terán lugar no Centro Cívico Social do Malecón, e tamén nas 14 parroquias rurais que o solicitaron. O programa ofrece un total de 402 prazas, das que 251 corresponden á sede do Malecón, e as restantes 151 repartiranse entre as parroquias.
A programación do Actívate 2017 componse de dous bloques, un destinado a maiores de 60 anos, e outro a maiores de 14. Esta edición incorpora novidades, como pilates, danza expresiva, cociña e coidado da imaxe persoal. Ademais, continúan as actividades con máis demanda en anos anteriores, como ximnasia, piscina, manualidades, informática ou as sesións para sacarlle máis partido ao móbil. Nas parroquias ofreceranse as actividades de cestería, ximnasia, memoria, risoterapia e manualidades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

25 colexios do sur de Lugo nas actividades provinciais do Día da Árbore e da Auga

Seguinte Nova

Premiado o programa de FAGAL e Fundación barrié de apoio a familiares de enfermos de Alzheimer no rural galego

Últimas noticias sobre DEPORTES

   
A %d blogueros les gusta esto: