IV Concurso de Microrrelatos da Rede de Xuderías de España

• O Concello de Monforte tamén convoca o Programa educativo Benjamín de Sefarad

Un ano máis, o Concello de Monforte de Lemos, municipio que pertence á Rede de Xuderías de España, pon en marcha o programa educativo Benjamín de Sefarad. Nesta edición, o protagonismo recaerá no patrimonio inmaterial, clave para a transmisión e conservación da esencia da cultura sefardí, e no que a música sefardí ten un papel fundamental. A Rede de Xudarías subministrará aos colexios que desexen participar na iniciativa unha colección de materiais lectivos gratuítos, como un concerto didáctico virtual sobre música sefardí a cargo da cantante de música antiga, medieval e sefardí Mara Aranda, e o especialista en instrumentos da tradición medieval española Jota Martínez, e un libreto, que recolle ligazóns e letras das cancións interpretadas na clase. Todos aqueles colexios interesados en recibir os contidos desta campaña poden poñerse en contacto a través da conta de correo electrónico comunicacion@redjuderias.org.
Ademais, e por cuarto ano consecutivo, dende o Concello tamén se convoca o IV Concurso de Microrrelatos da Rede de Xudarías de España, no que poderá participar calquera alumno de primeiro ou segundo da ESO.
O obxecto do concurso é dar a coñecer a actividade divulgativa da Rede de Xuderías de España en torno á cultura xudía no ámbito educativo, así como espertar a afección pola escritura, a imaxinación dos alumnos e a súa capacidade para describir as súas experiencias e contorna.
A temática da presente edición é a música sefardí. Os textos deberán ser inéditos e estar escritos en castelán, catalán, éuscaro ou galego. A extensión máxima será de 350 palabras (sen contar o título), e os relatos deberán mandarse de maneira individual, en formato .doc, ó correo electrónico concurso@redjuderias.org. Para envialos o prazo límite será ata o 10 de xuño de 2022. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Crise

Seguinte Nova

Diverfindes, unha nova proposta do Ateneo Casino de Monforte para o público infantil

A %d blogueros les gusta esto: