O CaminoCreativo 2022 fará parada en en Quiroga

• Acollerá o remate da cuarta etapa cun taller sobre Recursos Humenos e unha tertulia literaria experiencial

A cuarta etapa do CaminoCreativo 2022, chegará a Quiroga o próximo día 12 de xullo, e farao cun Taller sobre Desenvolvemento Funcional: Dirección de Recursos Humanos e Organización, a cargo da especialista en Creatividade, escritora, actriz e comunicadora Elba Pedrosa, entre as 16 horas e 18 horas na Casa da cultura. Eva Pedrosa traballou durante máis de vinte anos en empresas de publicidade e comunicación, como Directora Creativa e Responsable de Prensa. A súa particular visión sobre o proceso de innovación e creatividade reside na combinación dos coñecementos adquiridos en diferentes ámbitos e disciplinas.
Pero este non será o único evento que acollerá Quiroga durante esta cuarta etapa do CaminoCreativo 2022, pois con posterioridade, o proio día 12 de xullo haberá unha tertulia literia co título Faladoiro Literario Experiencial: Emprender escribindo. O valor da palabra e os faladoiros históricos, , que contará coa participación de Uxío Novo, xestor cultural e director da Fundación Uxío Novoneyra, premio Culturgal 2019, Mariña López, técnica da Fundación de Patrimonio Cultural dás Conservas de Vigo e Miguel Losada, poeta, escritor e crítico literario, presidente da Cátedra de Estudos Galegos do Ateneo de Madrid, para rematar cunha mesa redonda coas escritoras e profesoras vinculadas con Quiroga: Celia Díaz e Eva Teixeiro.

QUE É O CAMIÑO CREATIVO?
Trátase dunha proposta informativa para emprendedores, aos que ao longo das diferentes etapas do Camiño, ofrecen unha serie de talleres formativas e charlas que facilitan o desenvolvemento do proxecto dos participantes.

ESPAÑA CREATIVA
É unha iniciativa impulsada desde España Creativa e a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España ( RECITCREA), que conta co apoio do Ministerio de Cultura a través das Axudas de Acción e Promoción Cultural 2021, coa colaboración da Xunta de Galicia desde a Consellería de Cultura e da Deputación de Lugo. Unha iniciativa aprobada polo Consello Xacobeo e incorporada á súa programación oficial como evento de excepcionalidade pública.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte xa ten praia fluvial

Seguinte Nova

Ronaldo Nazario en Quiroga

A %d blogueros les gusta esto: