A localidade portuguesa de Maia foi a encargada de acoller a XIV edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que alcanzou unha cifra récord de 2.200 participantes, entre eles os representantes de Monforte e Sarria.que presentaron unha nutrida representación de deportistas que competiron en diversas categorías. O nivel competitivo foi elevado e os resultados que acadaron das dúas delegacións foi foi bo. Especialmente cabe destacar o subcampeonato acadado polo equipo feminino de voleibol de Monforte, mesmo posto que o que logrou o equipo cadete feminino de Sarria. A estas medallas de parta, hai que sumar a conseguida en atletismo pola atleta monfortina Carla Vázquez. E tamén cabe destacar o cuarto posto do equipo monfortino de fútbol.
Parabéns a todos os participantes, que además poideron disfrutar dunha importante experiencia de convivencia en competición.•