Monforte preparado para o Campionato de España de Taekwondo

Foto: GPCM

Monforte de Lemos está a piques de acoller un evento deportivo de alto nivel: o Campionato de España de Taekwondo. Coa participación de taekwondistas de todo o país, o novo Pavillón polideportivo de A Pinguela de Monforte será o escenario deste evento o sábado 4 de maio. Agárdase que reúna uns 350 taekwondistas procedentes de 15 comunidades autónomas de toda España. Competirán nas nas modalidades de Poomsae e Freestyle.
As condicións que ofrece o novo Pavillón da Pinguela, xunto cos éxitos acadados nos últimos anos polos taekwondistas monfortinos, foron decisivos para a consecución deste campionato para Monforte, que competía coas cidades de Malaga e Torrevieja.
O Club Neka de Monforte estará ben representado neste campionato, con 11 dos seus taekwondistas competindo en diferentes categorías. Entre eles, figuran destacados deportistas como Alejandro Losada, Marco García, Carlos Rey, Daniel Areán, Laura Álvarez, Aitor Teijeiro, Alan David Bustamante, Lucía Roca, Inés Casal, Aya Jabni e Alicia Castro.
O director deportivo do Neka, José María Vega, sinalou que o novo Pavillón da Pinguela foi un factor determinante na decisión da Federación Española de Taekwondo de elixir Monforte como sede do campionato. As instalacións ofrecen condicións óptimas para este tipo de eventos, e a cidade está preparada para recibir tanto aos competidores como aos espectadores.
O Campionato de España de Taekwondo en Monforte é unha oportunidade para promover e fomentar este deporte a nivel nacional, ademais de poñer en valor o talento e a dedicación dos taekwondistas locais. A entrada ten un custe de 5€ marcado pola Federación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Torneo Val de Lemos Ximnasia Rítmica

Seguinte Nova

Aprobado o Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Monforte con vistas a homenaxear ao Duque de Alba

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: