A posta en valor do xacemento prehistórico da Cova de Eirós, en Triacastela, vén de recibir un novo impulso. A Deputación destinou ao Concello de Triacastela 31.000 euros para a redacción do proxecto museolóxico do Centro de Interpretación, cartos que financiarán tamén a creación dunha páxina web, un catálogo e guías sobre o conxunto arqueolóxico.
O presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, explicou o interese da Deputación en promover «este enclave excepcional», que rexistra a única evidencia de Homo Neanderthalis e Homo Sapiens en Galicia e na Península Ibérica. Ademais, o xacemento de Cova de Eirós considérase un dos máis importantes de Europa para o estudo do oso das cavernas. Por outra banda, o recinto de Triacastela contén os primeiros achados de pintura rupestre do noroeste peninsular.
MODELO DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE NO RURAL
Darío Campos lembrou que o Centro de Interpretación é «unha vella demanda dos veciños», dado o seu interese en coñecer directamente o resultado dos traballos arqueolóxicos.
O mandatario provincial adiantou que a ubicación prevista polo Concello de Triacastela para o museo é A Casona, edificio propiedade do Xacobeo. Esta entidade cederá unha parte para este uso.
Darío Campos cualificou este museo como un novo atractivo turístico, accesible para os peregrinos do Camiño Francés, e modelo de desenvolvemento sostible do rural. •
Últimas noticias sobre CULTURA
Con ocasión do 150 aniversario da presenza dos Escolapios en Monforte, os alumnos do Conservatorio Adagio
O proxecto de igualdade do Concello de Sober, ‘Redes Lilas’, levou a cabo a súa cuarta
A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), baixo a Vicepresidencia da Deputación, anuncia a apertura do
A programación de activiades completarase coa presentación en Chantada, o 3 de maio, do último libro
O Festival 17º Ribeira Sacra xa deu a coñecer a algúns dos grupos que participarán na