O pasado mércores 21 de setembro celebrouse no concello de Monforte a tradicional romería do San Mateo. Non foi festivo local, pero iso non impediu que centos de veciños, así como visitantes doutros lugares, se achegaran ata a parroquia monfortina de A Parte para disfrutar dun xantar popular e de toda a animación preparada para a ocasión. O bo tempo acompañou ás familias enteiras, grupos de amigos, peñas, colectivos, asociacións e demais persoas que acudiron ata o campo da festa, coa intención de xantar nas súas propias carpas ou tamén nos distintos postos de polbo que había. Deste xeito, calquera recuncho foi bo para converterse nun comedor privado onde cada grupo disfrutou á súa maneira dunha xornada moi animada. Neste senso, a música tampouco faltou en ningún momento, xa que grupos de gaiteiros e pandereteiros serviron para avivar ainda máis o espíritu festivo. E por suposto, non faltaron as orquestras -Los Players e Saudade 73-, que tamén amenizaron o ambiente durante a tarde e a noite. Pola súa parte, para os nenos tampouco faltou diversión, xa que contaron con hinchables, atraccións de feira e demais divertimentos cos que entreterse durante a xornada. Ano a ano esta romería vai gañando adeptos, o que se traduce en que cada vez máis xente de fóra tamén se anime a participar no San Mateo monfortino. E dende logo é de destacar o marco incomparable onde se celebra, posto que o campo da festa conta cunha ampla explanada onde reunir á xente, músicos, postos de feira, atraccións e demáis, sen faltar as oportunas sombras e zonas de aparcamento. Mención especial merecen os membros de Protección Civil e o resto de axudantes e corpos de seguridade, que contribuiron a que a xornada transcorrera con total normalidade e sen incidencias.
Últimas noticias sobre CULTURA
O Partido Popular de Sarria advertiu sobre a «deriva económica» do Concello, cun resultado orzamentario negativo
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está a rematar os traballos de sondaxe e acondicionamento
Técnicos de enxeñaría e mantemento do taller de Ourense visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecía a pasada semana un recital na Casa da