Alumnado do segundo ciclo de ESO do IES A Pinguela desenvolveu unha intensa axenda cultural en Madrid e Segovia

O alumnado de 3º e 4º de ESO do IES A Pinguela, acompañados polos seus profesores, durante a visita a Segovia e Madrid.
Foto cedida.

30 alumnos de 3º e 4º de ESO realizaron unha visita cultural a Madrid e Segovia que o IES A Pinguela está desenrolando desde hai anos dentro do seu plan de actividades complementarias para a formación do alumnado. Nesta viaxe, o grupo estudantil visitou o castillo de la Mota en Medina del Campo, e na vila de Madrid o Museo Nacional de Ciencias Naturales, o Congreso de los Diputados e o Museo del Prado. Xa en Segovia, o alumnado, acompañado dos seus profesores, visitou o Palacio Real de la Granja de San Ildefonso e o Alcázar. Asimesmo, a comitiva escolar aproveitou este desprazamento para asistir no Teatro Español á representación de “Yo soy don Quijote”, obra teatral a cargo do afamado actor José Sacristán, e ó IMAX á proxección de “Los Misterios de Egipto”, en versión omnimax, e “T-Rex” en formato 3D.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O documental sobre a viaxe de Fidel Castro a Láncara foi proxectado na última edición de Cineuropa, en Santiago de Compostela

Seguinte Nova

Cine monfortino na gran pantalla

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: