Completadas as melloras na LU-642 en O Incio

A Xunta investiu preto de 200.000 euros nestas obras

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, revisou o resultado dos traballos na LU-642. GPDTL.

A mediados deste mes, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas deu por rematadas as obras de mellora do firme da estrada LU-642. As actuacións desenvolvéronse nun tramo de 4,26 quilómetros do vial entre Oural e Ferrería de Incio.

MÁIS SEGURIDADE NA CIRCULACIÓN

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, revisou os traballos no trazado entre Goó e a intersección da estrada coa LU-641 en Sirgueiros. Arias explicou que esta actuación servirá “para mellorar a plataforma da vía e incrementar a seguridade da estrada”.

TRABALLOS NO FIRME, SINALIZACIÓN E LIMPEZA DESTE TRAMO DE ESTRADA

Según informaron os responsables da Consellería, o proxecto de mellora consistiu no reforzo do firme existente mediante o estendido dunha capa de cinco centímetros de formigón bituminoso en quente, en capa de rodaxe, un material que presenta unha elevada capacidade de resistencia e de adherencia do neumático ao pavimento.Ademais, levouse a cabo o reperfilado de cunetas e sinalización horizontal, e a limpeza de cunetas e gabias na estrada. A Xunta de Galicia investiu nestes traballos 187.000 euros, e foron completados nun mes.

PRETO DE MEDIO MILLÓN DE EUROS EN OBRAS DAS ESTRADAS DO SUR LUCENSE

Raquel Arias indicou que “a mellora das condicións deste tramo da LU-641 é unha actuación necesaria que se leva a cabo no marco das actuacións programadas de conservación na zona sur da provincia”. Por este concepto, a Consellería leva investidos preto de medio millón de euros no sur lucense, beneficiando a dez concellos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Porto Seco de Monforte: A Xunta formalizou o contrato da conexión coa LU-933 e N-120

Seguinte Nova

O Courel, protagonista do libro infantil presentado en Quiroga

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: