Os participantes no I Circuíto de Golf dos Paradores de Galicia disfrutarán de estancias en Monforte e Santo Estevo

Esta iniciativa que busca enriquecer a oferta turística estará en marcha ata mediados de xullo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a presidenta de Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán; e o director do Parador de Santo Estevo, Santiago Carrera, na presentación desta iniciativa en Santiago o 13 de maio. (Foto: Ana Varela).
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a presidenta de Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán; e o director do Parador de Santo Estevo, Santiago Carrera, na presentación desta iniciativa en Santiago o 13 de maio. (Foto: Ana Varela).

• O 16 de maio arrincou no Real Aero Club de Santiago o I Circuíto de Golf dos Paradores de Galicia, unha iniciativa que ofrece por vez primeira a posibilidade de combinar a prática do golf con estancias nos Paradores galegos.

GOLF E NATUREZA, GRANDES ATRACTIVOS DE GALICIA

Según explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación desta iniciativa en Santiago, o Circuíto busca potenciar o turismo de golf na nosa Comunidade combinándoo con outras experiencias como a enogastronomía ou o termalismo. «A práctica do golf en Galicia incentiva o contacto coa natureza, primeira motivación pola que os turistas e viaxeiros elixen Galicia como destino, xa que os nosos campos de golf están totalmente integrados na natureza e na paisaxe», afirmou Nava Castro.

COMBINAR DEPORTE CON ENOGASTRONOMÍA OU TURISMO CULTURAL

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o feito de potenciar o turismo de golf na nosa comunidade «enriquece a oferta turística e contribúe á captación de novos segmentos, consolidando a nosa comunidade como un destino experiencial». Castro asegurou que este novo circuíto nos Paradores de Galicia é unha iniciativa «única que posicionará a nosa Comunidade como destino ideal para os xogadores de golf». A directora de Turismo de Galicia precisou que «os participantes poderán gozar do deporte nun entorno único, e comprobar que Galicia é o mellor destino para combinar a práctica deportiva, a enoloxía, a gastronomía e a actividade cultural nun contorno paisaxístico inigualable.

Este circuíto ofrece por primeira vez a posibilidade de combinar a práctica do golf con estancias nos Paradores de Baiona, Tui, Cambados, Pontevedra, Santiago, Santo Estevo e Monforte.

PAQUETES DE ESTANCIAS EN PARADORES

A primeira edición conta con 5 torneos clasificatorios, que se iniciaron o día 16 no Real Aeroclub de Santiago e o 19 no Real Aeroclub de Vigo, e continuarán nos campos do Golf Ría de Vigo o 6 de xuño, no Montealegre Club de Golf o 20 de xuño, e no Montecastrove Meis o 4 de xullo. Nesta sede será a final o 20 de xullo, coa participación dos 20 mellores xogadores do circuíto.

Os premios para os gañadores do circuíto serán estancias en diversos Paradores da rede nacional. Ademais, con motivo do circuíto, durante as datas de celebración, Paradores ofertará paquetes especiais de aloxamento e almorzo nos establecementos galegos participantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A 4ª Subida á Pontenova entregou o I Trofeo Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Ribas de Sil festexou o Día das Letras Galegas cun amplo programa de actos culturais

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss