• A segunda semana de outubro, entrou en funcionamento o ximnasio municipal de Sober. A instalación está aberta os martes e xoves de 17,30 a 20,30 horas, aínda que está previsto ampliar este horario en novembro. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, lembrou que o ximnasio municipal conta cunha sala de usos múltiples, e outra específica dotada con bancos de musculación, bicicletas estáticas e elípticas, e cintas de correr, entre outras. O acceso ás instalacións é gratuíto.
XIMNASIA PARA MAIORES NA CAPITALIDADE E NAS PARROQUIAS
Tamén en outubro comezou a actividade gratuíta de ximnasia de mantemento para maiores, que se desenvolve no ximnasio municipal na capitalidade, e tamén nos locais sociais das parroquias. O alcalde lembrou que esta actividade, ademais de promover o benestar físico, “tamén axuda a que os usuarios se sintan activos, e funciona de punto de encontro e de relacións sociais”.
As inscricións poden realizar no Centro Sociocultural.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana
O domingo ás 18 horas, A Pinguela acollerá un partido clave para o futuro dos lemistas,
O pasado mes de marzo deu comezo oficialmente a nova tempada de pesca en augas continentais