Sober participa no programa Toponimízate, da Rede de Dinamización Lingüística

Presentación do programa Toponimízate, que promove nos concellos a Secretaría Xeral de Política Lingüística. GPXG

Esta iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta vai dirixida a toda a cidadanía, para poñer en valor a microtoponimia. Con este fin, un total de 14 concellos da Rede, entre os que se inclúe Sober, acollerán encontros abertos ao público en xeral, no que técnicos especialistas en toponimia abordarán aspectos sobre a xeorreferenciación e xeolocalización deste patrimonio inmaterial que constitúen os nomes de lugar. As sesións consisten nunha charla sobre as características da toponimia galega, e da propia de cada municipio participante. Ademais, nos concellos que non teñan rexistrada a microtoponimia de leiras, camiños, fontes ou penedos, entre outros, amósase unha aplicación para que os veciños poidan rexistrar eses microtopónimos. A sesión de Toponimízate en Sober tivo lugar o venres 15 de decembro, no Centro Sociocultural da capitalidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Culmina o Outono Fotográfico da Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

Novos pasos para impulsar o Porto Seco de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: