O Museo do Ferrocarril de Galicia gaña espazos para a cultura en Monforte

• A rehabilitación da antiga nave de mecanizado, construída nos anos 40, permitirá acoller exposicións ao longo do ano

A inauguración da nave expositiva do Muferga contou coa presenza, entre outras autoridades, do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o 11 de outubro. GPDTL

O Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga), con sede en Monforte, vén de ampliar o seu espazo, logo da inauguración da nova sala expositiva a mediados deste mes. O Museo gañou espazos coa rehabilitación da antiga nave de mecanizado, un edificio que data dos anos 40, e no que se pode percibir a singular fisonomía da arquitectura industrial de mediados do século pasado.
A nave está destinada a acoller exposicións durante todo o ano. A estrea contou cunha mostra de coches exclusivos de época, organizada pola Asociación de Amigos Terra do Incio. En paralelo, o Museo acolleu  a III Feira de Modelismo Ferroviario, organizada pola Asociación de Comerciantes de Mercadillos Ferroviarios de Madrid. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ambiente de cine en Monforte e Lugo nos pases especiais de “La sombra de la ley”

Seguinte Nova

A monfortina Saleta Fernández, no top 5 do ranking absoluto do atletismo español

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss