Bóveda celebrou o Día da Biblioteca cun programa de música, literatura e danza para todos os públicos

Escolares do CEIP Rosalía de Castro participaron nunha das actividades que o Concello de Bóveda organizou no Centro Sociocultural. (Fotos cedidas).

O Concello de Bóveda encheu de animación o Centro Sociocultural na celebración do Día da Biblioteca.

CONTACONTOS PARA O ALUMNADO DO COLEXIO DE BÓVEDA
As actividades comezaron o 24 de outubro, co espectáculo «Contacantos», a cargo de Sergio Rivas, e adicado aos escolares do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

MÚSICA E LETRAS PARA MOZOS E ADULTOS NA BIBLIOTECA
Xa pola tarde, a Biblioteca Municipal recibiu a Iria Mejuto, solista de Black, que ofreceu o espectáculo «Un paseo entre liñas pola música negra. Soul e literatura», deseñado para o público xuvenil e adulto.

OBRADOIRO DE DANZA TRADICIONAL
A programación continuou o 25 de outubro, cun obradoiro de danza tradicional. Baixo o título «A bailar canda os tempos», Nerea Consuelo Fernández animou a tarde cunha actividade pensada para a mocidade e o público adulto.
Todas estas actividades organizadas polo Concello contaron co apoio do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Defenden en Chantada un goberno do PP en Madrid como «única garantía para que a A-56 avance»

Seguinte Nova

Tarde zoofotográfica e Torneo Autonómico de League of Legends, na programación da Casa da Xuventude de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss