A música en directo segue a ser un dos pratos fortes da axenda cultural do Círculo Saviñao. Desta volta, o emblemático espazo do sur lucense encheuse de público para desfrutar do concerto “Diversións”, a cargo da monfortina Rosa Cedrón e do ourensán Emilio Rúa. Os dous intérpretes ofreceron temas do último disco de Rúa, titulado “Duetos”, no que participa Cedrón, ademais dun variado repertorio de temas da música popular galega, que foron secundadas polo público asistente.
Este concerto serviu para animar a axenda de Entroido do Círculo Saviñao.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Técnicos de enxeñaría e mantemento do taller de Ourense visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecía a pasada semana un recital na Casa da
O domingo 13 de outubro estreouse o segundo capítulo da serie documental “Caminos de Sefarad, Diario
A 14ª edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico 2023-24 permanecerá exposta na Casa da