A iniciativa da Xunta trata de facilitar a continuidade do curso dende a casa para escolares de infantil e primaria
Os escolares de infantil e primaria dos colexios públicos de Monforte comezaron a recibir na casa o material que lles quedou nas aulas debido ao peche pola pandemia. A tarefa de reparto están a realizala axentes medioambientais da Xunta, que se prestaron a colaborar de xeito voluntario.
AXUDA PARA O TRABALLO ESCOLAR, E PREVENCIÓN DE POSIBLES CONTAXIOS PARA AS FAMILIAS
O obxectivo desta iniciativa, segundo explicou o delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, é facilitar que os escolares poidan seguir co traballo do curso dende a casa, dispoñendo de todos os libros e materiais que usaban na clase presencial. Ademais, trátase de evitar desprazamentos ás familias, así como posibles aglomeracións nos centros educativos.